DIANTE DO ESPELLO
de Fran Godón
Yelena Molina
Vanesa Sotelo
70'
Dúas mulleres en
cadanseu cuarto de hotel a noite ou madrugada antes do seu “gran día”. Sarah
está a preocuparse polos últimos detalles, nerviosa porque nunhas horas vai
estrea-la súa primeira gran obra na capital. Ruth está na cidade para
presentarse a unha proba de selección a mañá seguinte e pensa na súa familia:
nos seus fillos e o seu marido. Os seus pensamentos só se ven entorpecidos polo
ruído de cadanseu teléfono que, a modo de chamada para público, soa tres veces
para avisar da aproximación da vida.
Diante delas unha
parede de espello cómplice e silenciosa, coa que falan, na que se miran, na que
escriben e que as vai espindo pouco a pouco. A medida que avanzan as palabras
vaise apreciando que teñen máis en común do que parecía.
Toni Salgado
Fran Godón
Dirixida por Vanesa Sotelo
65'
-Que é un antiheroe? -É como un heroe pero con todo o
mundo en contra.
Como se fose un
álbum de humanidades, en Antiheroica as historias dos antiheroes toman os
corpos dos dous únicos habitantes dun espazo impersoal, pechado e infinito. A
morte, a herdanza, a soidade e o tempo son algunhas das claves universais e
eternas sobre as que se constrúe esta proposta na que a morte e a resurrección
fían as escenas na espera de atopar un sentido que nunca chega. Unha paleta de
cores na que se mestura o riso coa tristura, a sorpresa co predicible e onde
mesmo hai cabida para a tenrura, a comprensión, o sufrimento ou a grima. Unha
sucesión de antiheroes que pasan por diante do espectador e que o animan a
entrar nun xogo dinámico no que calquera pode atoparse.
FAUST·BOX
de Fran Godón
Toni Salgado
Fran Godón
Dirixida por Fran Godón
70’
Da escuridade xorde un cuadrilátero en penumbra. No chan un corpo que parece sen vida e, separado del, un estraño personaxe que parece controlar toda a situación. Unha campá nunha esquina e uns guantes de boxeo. O que camiña esperta ó xacente e instígao con palabras e actos. Obrígao a falar, a levantarse e a loitar. Pretende que confese algo que só eles parecen saber ou descoñecer. Un espazo claustrofóbico, o tempo detido, dous corpos enfrontados e moitos recordos, quizais todos, aínda por aclarar.
BAILE DE SOMBRAS
de Fran Godón
Noelia Iglesias
Manu Lestón
Dirixida por Fran Godón
60’
60’
Baile de
sombras xira
arredor da “esencia das relacións humanas que aparecen nas situacións de
dependencia, cando o ser humano se ve inscrito nunha arañeira pegañenta e ben
tecida que fai agromar o mellor e o peor de cada un. A realidade non parece
tal, os elementos perden ou varían o seu valor, a vida cambia de regras.